Archivos de la categoría ‘Miguel Rubinos’

A garota de Ipanema xurdiu

Publicado: 23 febrero 2012 de formasdifusasdbate en Miguel Rubinos, Poesía

A garota de Ipanema xurdiu
coa súa roupiña andadeira
co seu balanzado
chovida de graza
tanta que dá graza á fermosura
tan irradiante
que sobre ela a morte non ten poder.

Anuncios

Ser poeta

Publicado: 20 abril 2009 de formasdifusasdbate en Discusión, Miguel Rubinos, Poesía


                SER  POETA

Ser poeta é ser mais alto, é ser maior
Do que os homens! Morrer como quem beija!
É ser mendigo e dar como quem seja
Rei do Reino de Aquém e de Além-Dor!

É ter de mil desejos o esplendor
E nao saber sequer que se deseja!
É ter cá dentro um astro que flameja,
É ter garras e asas de condor!

É ter fome, é ter sede de Infinito!
Por elmo, as manhas de oiro e de cetim…
É condensar o mundo num só grito!

E é amar-te, assim, perdidamente…
É seres alma, e sangue, e vida em mim
E dizê-lo cantando a toda a gente!

                    Florbela Espanca
                    Sonetos

 As palabras nao e manhas levan un signo de nasalidade que non sei representar.

Como indico é un soneto de Florbela Espanca, sobre cuxa estrutura escribín:

                    Ser poeta

Ser poeta é ser nube solta sobre o mar, é ser viaxe
Da carne! Corpo, accidente, labrar un campo
É ser raiba e rúa, esperanza
Silencio nos ollos abertos, e gritos e queixumes que van perdidas

É ter rastros e fulgores, sinais
E non saber a nudez exacta, un lobo
É ter un soño, un corpo que se dá.
É un río espeso que vai por dentro.

É ter outra noite sol, é sangue que corre desmedido
Por sulcos, circulares, densos…
É o vento, o rostro que o vidro mal retén

E é a lingua, así, mar e rúa. vía. estrada…
É río, foz, e en si a loita, e Alén
E voo do alto da alma, un voo multicor. Só o infinito.

E para vós, o que é ser poeta?

Até outro día…

Poema

Publicado: 13 febrero 2009 de formasdifusasdbate en Miguel Rubinos, Poesía

       Diante da vertixe
       implacábel en cada liña
       así a nudez
       húmida.