Archivos de la categoría ‘Miren Cardeiro’

Fado

Publicado: 16 febrero 2011 de formasdifusasdbate en Miren Cardeiro, Poesía

Fado, sen sentido, fado,
pena,
que marcho e te amo.
E as cancións xa non soan,
as cancións que nós lembramos.

fado,
tan xoven xa non son,
fado,
sen ti me vou,
e a candor dos vintecatro,
xa non a teño,
non .

Fado, sen sentido, fado,
pena,
que marcho e te amo.

Sociedade?

Publicado: 16 febrero 2011 de formasdifusasdbate en Miren Cardeiro, Poesía

As carnes desfanse
ata facerse cinza
derrubando muros
de obstáculos,
e secando bágoas,
e curándose as feridas
que dan estas cidades de asfalto.
Este mundo
de relacións de poder.
Estas areas movedizas
de personalidades confundidas
e que confunden.

Estes países de pozos
que enchen os seus fondos
con materia, cousas
e máis cousas.
Estas cidades
de líderes na prensa rosa,
líderes-cartón.
Por iso,
estas carnes,
sen nada dentro,
frías, calculadoras,
lonxanas coma Plutón;
ilóxicas, incoherentes
coma un discurso político,
morren,
vencidas,
envelenadas,
antes do solpor.

Terriña

Publicado: 16 febrero 2011 de formasdifusasdbate en Miren Cardeiro, Poesía

Onda do mar que se expande
e ata min chega, é Galiza.
Encantadora, verde paisaxe,
inspirando á miña illa.

Lonxincua rocha sostendo
a morriña e o contento
do meu espírito.

Trenzado de frores artesanais
enraizado en canais cor Turquesa.
Onde brotan dos meus fondos animais,
seivas e vagalumes de proeza.

Miña Galiza!!.
Como podería concebirme sen ti,
sen o arrular das mans que me cobixan?.
Ti es creación e tes o meu sentir,
Terra que hipnotiza a miña vida.