Archivos de la categoría ‘Manuel Santana’

Profecía

Publicado: 26 diciembre 2008 de formasdifusasdbate en Manuel Santana, Poesía

Escuros nomes

de vellos profetas.

Nas bocas negras

repítense as verbas:

Homes espidos

soñando

co espírito vacío.

Homes de asfalto

correndo

buscan a vida

e foxen

e choran

deixando un lamento…

Pasado o tempo

chega un momento

e todo torna:

Os homes son nenos

e os nenos xa vellos

repiten o seu nome

lembran ao home

e a súa boca negra

crea un profeta…

Anuncios